A nadadora de categoría junior do Club Natación Arteixo, Paula Otero Fernández, está participando dende hoxe nuha concentración formando parte dun grupo de 21 nadadores e nadadoras seleccionados pola RFEN, do equipo eurojunior e do grupo España_2024. Paula estará ata o 26 de maio en Sierra Nevada, co obxectivo de preparar o Campionato de Europa Junior en condicións de altura.
Con ela están convocadas tamén as nadadoras junior galegas Carla Carrón e Ana Cernadas, e a adestradora do CGTD, Luisa Domínguez.