Paula Otero, a nosa nadadora máis internacional, tras un mes concentrada en altura con unha parte do seu grupo de alto rendemento, en Livigno, Italia, participa dende mañán na súa primeira cita importante da tempada.
Formará parte dun equipo de 35 convocados co Equipo Nacional Junior e Absoluto no Rotterdam Qualification Meet, do 30 de novembro ó 3 de decembro. Paula participará en 3 probas, mañán serán o 200 e o 1500 libre e o sábado nadará 800 libre. Poderemos seguir todos o campionato premendo nos enlaces que deixamos nesta nova.
Vamos Paula!!