Paula en Fukuoka

Paula acaba de rematar a súa actuación no Campionato do Mundo de Natación en Fukuoka, con bos resultados acadados. Na primeira proba que participou, na remuda de 4×1500 libre na modalidade de Augas Abertas acadaron o 8º posto con Paula coma última remudista, foi unha proba moi reñida e Paula peleou ata a última brazada.

En canto as probas de piscina acadou os postos 28º en 400 libre e 23º en 1500 libre. Paula ven esta tempada de facer un gran cambio na súa carreira deportiva, pasando a adestrar no CAR de Sant Cugat, Fukuoka foi un gran remate desta tempada, na que se adaptou perfectamente ás novidades do novo grupo, e do que seguro a tempada 23-24 traerá moitas máis alegrías para esta nadadora.

Resultados