Paula Otero nadou este sábado no Porto de Barcelona a 3ª etapa da Copa LEN de Augas Abertas. Foron 10K e resultou ser unha proba bastante complicada, con unha saida a un ritmo moi rápido, coa presencia de varios medallistas olímpicos e mundiais. Pero Paula acadou un bo resultado estreándose nas convocatorias nacionais como nadadora de categoría absoluta moza, rematou no posto 20º, 3ª española.
Noraboa Paula!!