Os nadadores do Club Natación Arteixo Paula Otero e Mateo García Castro dan un novo e importante paso nas súas carreiras deportivas cambiando de centro de adestramento para esta tempada 23-24.
Mateo pasa a adestrar co Grupo do CGTD de Pontevedra, para o que foi becado gracias ós seus éxitos deportivos da tempada pasada. Paula cambia do CAR de Barcelona para adestrar co grupo do Centro Nacional de Málaga, onde poderá adestrar máis específicamente as probas de fondo.
Paula e Mateo estarán pronto competindo xuntos no Campionato de Europa de Augas Abertas, en Corfú, Grecia. Este será un gran momento para o Club Natación Arteixo, xa que aportará dous dos catro compoñentes dunha remuda internacional de AA. Mateo nadará ademáis a proba de 10K.
Ánimo e Sorte nos novos grupos Mateo e Paula!!