Paula Concentración previa ó Cto do Mundo

Paula Otero está a punto de partir para Australia co Equipo seleccionado para participar no Campionato do Mundo de Natación. Do 4 ó 11 de decembro participará nunha concentración na University of the Sunshine Coast, en Queensland, e o Campionato celebrarase en Melbourne dende o 13 ata o 18 de decembro. Paula participará nas probas de 400 e 800 libre. Unha vez máis Paula terá a oportunidade de medirse e probarse nesta etapa invernal da tempada coas mellores nadadoras de nivel internacional.

Ánimo para estes días de adestramento preparatorio Paula!!

ConcentraciónCampionato do Mundo