Paula proclamouse hoxe Campiona de España de 5000 metros en categoría Junior 1. Resultou ser unha proba cargada de éxitos, xa que bateu a Mellor Marca Nacional de 17 anos cun tempo de 58.20.88. Esta marca significa tamén que cumpre os criterios que prpón a RFEN para participar no Campionato de Europa de Augas Abertas.
Esta competición celebrouse no Centro de Alto Rendimento de Sant Cugat, en Barcelona. Paula dominou a carreira feminina dende os primeiros metros, e demostrou ter unha gran fortaleza mental, xa que nadando a maioría da distancia sen moita rivalidade, soubo manter o ritmo e incluso melloralo nos derradeiros 1000 metros.
O Club Natación Arteixo acadou o 4º posto na clasificación feminina por equipos, empatando con 13 puntos con varios clubs.
Paula sae hoxe para Canarias, para participar nunha Concentración co Equipo Nacional 2024 na que permanecerá ata o 11 de febreiro. Desexámoslle dende esta web que disfrute da experiencia e que siga adestrando con esa ilusión que a caracteriza.
Noraboa Paula!!