PAULA CAMPIONA DE ESPAÑA ABSOLUTA

Por diversos motivos, a expedición do Natación Arteixo a Canarias viuse reducida á participación de Paula Otero. Esta nadadora tiña posto un listón moi alto antes de sair para Canarias a participar no Campionato de España Junior e Absoluto cos seus éxitos nos europeos de Roma e París. E vaia se superou este listón, nada máis e nada menos que proclamándose Campiona de España Absoluta en 800 e 1500 libre, terceira clasificada absoluta en 400 libre; Campiona de España Junior en 800, 1500, 400 libre e 200 estilos mellorando todas as súas marcas persoais.

Este Campionato celebrouse dende o martes 3 de agosto ata o sábado 7 na Piscina do Club Natación Metropole, en Las Palmas. Foi un evento de gran nivel, coa participación dos olímpicos recén chegados de Tokio, e cun gran nivel de marcas en xeral, e dos paricipantes galegos en particular.

Paula Otero e con ela todo o Club Natación Arteixo, rematan esta longa tempada, complicada pero de grandes éxitos deportivos, toca descansar para retomar forzas e encarar un próximo ciclo que seguro será mellor a tódolos niveles.

Resultados