A nadadora do Club Natación Arteixo, Paula Otero, participou este sábado en Barcelona no Campionato de España de Longa Distancia en Piscina de 50 metros. Proclamouse Campiona de España de 5000 metros en categoría Junior 1, facendo unha gran proba. Nadou de forma uniforme durante toda a distancia, logrando a Mellor Marca Nacional de 16 anos con un tempo de 57.46.02, rebaixando a anterior en máis de un minuto, xa que era 58. 59.63.
Enorme participación a desta xoven nadadora que non para de reafirmarse coma unha deportista de gran progresión.
Noraboa Paula!!