Paula Otero xa regresou de Ginabra, de participar no Meeting Internacional coa selección española. Obtivo medalla de bronce na proba de 1500 libre e un 4º posto en 800 libre. Foron bos resultados para este duro ciclo de adestramento previo ó Campionato de España de Longa Distancia que se celebrará en Oviedo este sábado.
Paula está convocada tamén para participar nunha concentración en altura co Equipo Nacional de Augas Abertas e que terá lugar en Sierra Nevada dende o 10 de febreiro ata o 2 de marzo. Esta competicion será preparatoria para o Campionato de España Open.
Noraboa Paula!!