Paula Otero, brillou tamén en Canet-en-Roussillon, onde participou nunha importante competición na cidade do sureste francés. Foi este sábado e domingo, e o fixo xunto con outros 32 deportistas do Equipo Nacional. Resultou ser unha gran cita competitiva para os españois, que acadaron un total de 17 victorias durante o evento.
Paula era das convocadas máis xóvenes, e aínda así clasificouse nas catro probas que nadou entre os primeiros postos. O sábado pola tarde nadou a súa primeira proba, 100 libre, na que acadou a súa MMP con un tempo de 58.63, quedando en 9º lugar. O domingo nadou un total de tres probas, 800 libre na sesión de mañán, que con un tempo de 8.55.92 acadou o 5º posto; na sesión de tarde, 400 libre, proba que lle otorgou o seu mellor posto cun gran final de carreira, primeira da serie e cuarta na clasificación total con un tempo de 4.20.36; e finalmente rematou a competición nadando o 400 estilos e quedando en quinta posición con un rexistro de 5.01.04.
Noraboa Paula por estes resultados!!