Open de Sabadell

Dende este sábado 6 de abril e ata o mércores 10 celébrase en Sabadell, o Campionato de España máis importante a nivel absoluto, o Open de Primavera. A nadadora de categoría Absoluta Moza, Alba Gómez Mesías participará nun total de 5 probas (100, 200 libre, 100, 200 braza e 200 estilos. Asisten un total de 612 nadadores/as, a competición está disposta en eliminatorias, semifinais e finais, polo que Alba terá un duro campionato no que vai disposta a dar o mellor de si mesma, experta xa neste tipo de citas.

Este é un gran evento para a natación española, xa que será clasificatorio para o Campionato do Mundo, que se celebrará este verán en Corea del Sur.  A competición será retransmitida a través da plataforma de streaming de LaLiga4Sports:

Video Promo

Sorte e ánimo Alba!!

Web do Campionato