Open de Primavera. Resultados

Esta edición do Campionato Open de Primavera e Campionato de España Junior deixou moi bo sabor de boca nos catro participantes do Club Natación Arteixo. Para empezar e a modo de resumen volvemos con un gran ambiente competitivo, moitas MMP e a actuación especial de Paula Otero que acadou unha mínima de Campionato de Europa, unha mínima de Campionato do Mundo e un total de oito medallas.

O Campionato celebrouse en Torremolinos, Málaga, dende o sábado 9 ata o mércores 13. Asistiron dous nadadores, Miguel Ángel Gómez e Mateo García e dúas nadadoras, Alba Gómez e Paula Otero.

Empezamos por Paula, que acadou o seu resultado máis destacado o primeiro día coa proba de 800 libre, na que se proclamou campiona de España de categorías absoluta e absoluta moza, e que coa marca que realizou, clasificouse para os Campionatos de Europa e do Mundo Absolutos. Ademáis de este enorme resultado Paula foi finalista en todas as probas nas que participou 1500, 200 e 400 libre e 200 bolboreta. Paula acadou un total de oito medallas, un ouro e tres bronces en categoría absoluta, e dous ouros, unha prata e un bronce en categoría absoluta moza. Esta competición era moi importante e de gran presión para esta nadadora, situación que lonxe de ser un impedimento, manexou de forma moi positiva.

A nadadora de categoría absoluta, Alba Gómez, ven de recuperarse duha grave lesión de rodilla, que a mantivo apartada da competición dende o mes de xullo,empezando na Copa Senior hai só un mes e medio. Participou en catro probas, con bos resultados, xa que se vai acercando cada vez máis as súas marcas, e refrendou mínimas para volver a nadar a este nivel de Campionato de España. A súa rodilla está empezando a olvidarse da lesión, saltando a competir como Alba nos ten acostumados. Os postos acadados foron os seguintes: 15ª en 200 libre, participando na Final B, 31º en 100 libre, 29º en 400 libre e 45º en 50 bolboreta.

Miguel Ángel Gómez, de 18 anos, nadou o último día a proba de 200 braza, nadando cerca da súa MMP, e acadando o posto 40º total e 8º absoluto mozo.

O nadador máis xoven da delegación arteixana foi Mateo García, de categoría junior, que se estreou en Torremolinos neste tipo de citas  participando en catro probas e rebaixando as súas mellores marcas en todas. Acadou os seguintes postos: 12º en categoría junior e 6º do 2005 en 1500 libre, 26º e 6º en 200 libre, 8º e 5º en 800 libre, 12º e 7º en 400 libre. Foi esta unha gran experiencia para Mateo que volta con ganas de adestrar máis e sobre todo mellor neste ciclo de verán que empezamos á volta da Semana Santa.

Cabe destacar a organización, que aínda que con problemas de espacio, sacou adiante un campionato, que en principio estaba preparado para celebrarse nas instalacións de Inacua, Málaga, e que por unha avería houbo que trasladar en tan só tres días a Torremolinos.

Noraboa a estes catro deportistas que afianzan con este importante campionato as posibilidades desta tempada!!

Resultados