ONCE ANOS…

A que escribe nesta web, Luchi, onte 13 de febreiro cumpriu once anos de andanza no Club Natación Arteixo e quere aproveitar esta ocasión para dar as GRAZAS.

Mirar para atrás está ben de vez en cando, sempre que sirva para usalo de trampolín cara a diante. Crieime como adestradora no Club Natación Coruña e no Club Natación Badajoz, a estes grandes equipos débolles a miña visión da natación sempre mirando cara ó futuro.

O Club Natación Arteixo nace das mans de xente ilusionada por crear un gran Equipo en Arteixo, Marina e David arrancaron este proxecto que grandes directivas e adestradores/as souberon continuar. Antonio, Nacho e agora Virginia cos seus respectivos equipos altruistas de traballo. En nome de tódolos adestradores/as, grazas por apoyarnos na nosa labor e filosofía e facela posible.

David, Alfonso e Miguel, grazas por confiar en min e deixar nas miñas mans para dirixir o xoven equipo no que comecei no 2008, e por deixalo tan ben encamiñado. Tiven a sorte de estar acompañada nestes anos por grandes, moi grandes adestradores; Javi, do que ademáis de ser compañeiro foi o meu “promesa” no Club Natación Coruña; Héctor, que o relevou con moita ilusión e novas aspiracións… e o meu presente, Sara, do que só hai que vela rodeada dos nadadores/as para saber a clase que ten. Grazas por facer equipo comigo e por compartir alegrías e dificultades sempre tirando do carro cara arriba.

Este club non existiría sen os seus nadadores e nadadoras, e como xa estou vivindo a miña 13ª tempada son moitos ós que darlle as gracias. Grazas por eses momentos de cada día na complicidade do adestramento, gracias polos éxitos, grazas por aguantar e seguir nos momentos duros que tanto nos fan medrar. E sobre todo, grazas por seguirme nesta filosofía de equipo grande: “paciencia… traballamos para éxitos futuros, e sobre todo para éxitos globais de todo o Club, para esperar cousas grandes cando sexades grandes”

E finalmete, grazas a tódolos pais e nais que nos confiades  a min e a todo o equipo de traballo do CNA, a Educación Deportiva destas xeracións pasadas, presentes e futuras deste querido Club Natación Arteixo.

Traballando como un EQUIPO seguiremos camiñando cara o futuro… e máis alá.

GRAZAS