O CNA encabeza a 2ª División

Disputada onte a 1ª xornada da Copa Galega de Clubs en Carballo, o Club Natación Sarval Arteixo encabeza provisionalmente a clasificación con 597 puntos. Traballo en equipo en todo momento, emoción de competición importante, foi o máis vivido onte en Carballo polo noso equipo. As remudas A acadaron todas o primeiro posto tanto en feminino como en masculino, e as B colocáronse sempre entre as 7 primeiras. Á espera dos resultados, publicamos a puntuación provisoria:

C.N.Arteixo, 597; C.N.Ponteareas, 463; C.N.Portamiñá, 408; Fogar Carballo, 402; C.N.Salnés, 189; C.N.Xove, 172. A puntuación e clasificación definitivas resultará da 2ª xornada que se disputará en Xove o vindeiro sábado.

¡¡Noraboa a tod@s por esta competición!!