O CNA ascende a Primeira División como Campión

Con 210 puntos de diferencia co segundo equipo clasificado, o Club Natación SARVAL Arteixo proclamouse onte en Xove campión de Segunda División.

Tod@s foron importantes, cada proba, cada punto desta xornada e da anterior en Carballo, cada remuda, a grada chea das cores do Arteixo, o ánimo dos compañeiros/as fora da piscina, a concentración, os nervios… todo o sucedido a este, que era un xoven equipo, e que onte sen dúbida, acadou un obxectivo no que leva anos traballando, convertirse nun equipo competitivo coa canteira do Club.

É imposible destacar nada individual, batíronse moitas mellores marcas do club, entre elas case todas as de remudas.

Dende esta web queremos felicitar ós cinco clubs que foron os mellores rivais, e por suposto en especial aos tres que ascenden con nós: Ponteareas, Portamiñá, Carballo, Salnés e Xove.

É moi difícil resumir esta competición, só podemos facelo con 24 palabras:

Alba, Uxía, Melina, Ana, Emma, Laura, Noelia, Virginia, Tamara, Miriam.

César, Víctor, Sergio, Martín Naya, Omar, Fran (vindeira promesa en bolboreta), Luis, Tomás, Tino, Martín Cedeira, Gabriel, Ángel, Manu, Héctor.

¡¡NORABOA EQUIPO!!