Historia

O

CLUB NATACIÓN ARTEIXO, empeza a súa andanza no mes de setembro do ano 2005, a partires da anterior Sección de Natación do Clube Atl. Arteixo. Desta forma o club de Arteixo, “renace” das súas cinza só alcanzar a maioría de idade e a independencia, necesarias para poder tomar as súas propias decisións de forma autónoma. Sen embargo non podemos esquezer a nosa orixe, que deu lugar fai xa tres anos, o clube que coñecemos na actualidade.

Este longo “parto deportivo”, comezou na tempada 2002-2003, coa fín de darlle a posibilidade de continuar a práctica deportiva a nivel federado a un grupode rapaces do Concello, que en anos anteriores destacaran na campaña de Natación Escolar, promovida pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

No debandito programa escolar os rapaces de Arteixo acadaran varios títulos e autonómicos, sen embargo este programa só se dirixía a rapaces dende os 8 os 12 anos de idade. Deste xeito a directiva do Club Atl. Arteixo, propuxo a este grupo a posibilidade de continuar a práctica deportiva dando lugar a Sección de Natación do Club Atl. Arteixo

No mes de setembro de 2005, a Comisión Técnica de Natación, propón ós seus socios a posibilidade de establecerse como club independente, có obxetivo de acadar a independencia socioeconómica e deportiva do Club, e o mesmo tempo ampliar ós horizontes deportivos do mesmo.

O CLUB NATACIÓN ARTEIXO está composto na actualidade por case 100 rapaces e rapazas do Concello de Arteixo distribuidos en cinco categorías que abranguen dende os 7 ós 17 anos de idade, representando a imaxe e o nome de Arteixo vencellando o compromiso có deporte e coa xuventude.