O Club Natación Arteixo 5º de Galicia

O máis salientable, sen dúbida, deste Campionato Galego celebrado esta fin de semana en Pontevedra, onde se celebraba o Campionato Galego Junior e Absoluto, é a clasificación conxunta en categoría absoluta, suma da feminina e masculina, na que subindo postos dende a tempada anterior acadamos o 5º posto.

Clasificación por club e postos das remudas: Clasificación Absoluta Conxunta, 5º posto, 4º posto na feminina e 9º na masculina. No caso do Equipo Junior, acadaron o 11º posto na conxunta, 14º na clasificación feminina e 10º na masculina.

As remudas estiveron moi emocionantes, tanto as femininas, que acadaron dúas medallas, no 4×50 libres acadaron nada máis e nada menos que o posto de Campionas Galegas; como na masculina, destacándolles esa derradeira remuda na que acadaron un ben loitado 6º posto, a tan só un segundo dos postos de medalla, e que xunto co 4º posto das nenas moi loitado, marcou un gran remate deste Campionato.

4×50 estilos (8º masculino, Prata feminino), 4×100 libre (8º masculino, 4º feminino), 4×200 libre (8º masculino, 8º feminino), 4×50 libre (7º masculino, Ouro feminino), 4×100 estilos (6º masculino, 4º feminino).

No plano individual, os nadador@s do Club Natación Sarval Arteixo acadaron un total de 20 medallas. 1 prata e 2 bronces en categoría Absoluta. 11 medallas en categoría Absoluto Mozo, 3 ouros, 3 pratas e 5 bronces. E finalmente 6 medallas en categoría Junior, 4 pratas e 2 bronces.

Medalleiro

Resultados

Galería de fotos Galaico

¡¡Noraboa EQUIPO!!

20150629_cto_gal_abs2