Novos Horarios e Trofeo de Lugo

O vindeiro luns 23 de xuño comeza o Campus de Natación organizado polo noso club, e os nen@s rematan o seu curso escolar. Polo tanto cambiamos os horarios de adestramento, que se manterán ata o 23 de xullo, data na que se produce o peche da Piscina Municipal. A partir de ahí seguiremos na praia ata o 2 de Agosto, cando celebramos a Travesía de Suevos.

GRUPO DE MAIORES: Tódolos días de 8:30 a 10:00

GRUPO DE ESCOLA, BENXAMÍNS E ALEVÍNS: Luns, Mércores e Xoves de 16:00 a 17:30

TROFEO DE LUGO

Mañá sábado 21 de xuño, asistiremos ó XXIV Trofeo Cidade de Lugo, de categorías Benxamín, Alevín e Infantil. Será en sesión de mañá e tarde e participaremos con 29 nadador@s. O máis especial que ten esta competición é a remuda, 6×50 libre, na que nadará un neno e unha nena de cada categoría.

A expedición sae da Piscina Municipal de Arteixo ás 8:30 da mañá. Prégase puntualidade e acudir correctamente uniformados/as.