Novos Horarios

Este luns día 27 comeza o Campus de Natación organizado polo noso club. Cambiamos os horarios de adestramento, atentos/as a esta web porque cambiarán de novo cando remate dito Campus e ata final de tempada, que será o 31 de xullo, coa celebración da Travesía de Suevos.

Serán os seguintes:

– Escolas e Promesas e Benxamíns, de Luns a Xoves, de 16:00 a 17:00.

– Equipo Alevín e Infantil que entrenaban ás 19:00, de Luns a Xoves de 16:00 a 17:00.

– Equipo Infantil, Junior e Absoluto, de Luns a Xoves de 20:00 a 21:30