Nove anos despois…

Hai nove anos un grupo de nadadores/as do Club Natación Arteixo iniciaron unha especial romería da Virxe dos Miragres de Caión, a nado:

20150908_caion_antigua

Hoxe, para empezar a tempada con un reto, repetiuse esta singular travesía, esta vez acompañados tamén por deportistas do equipo de Salvamento de Arteixo. Nada máis e nada menos que 4000 metros nadados dende a Praia de Reiro («Relojero») ata o Porto de Caión.

Video

¡¡Noraboa por este reto anovado no 10º Aniversario!!