Novas de Paula Otero

A nadadora do Club Natación Arteixo, Paula Otero Fernández, está xa en Barcelona para participar como parte do Equipo Nacional de Augas Abertas, na 3ª etapa da Copa LEN. Nadará a distancia de 10K. A proba terá lugar no Porto de Barcelona o sábado día 25. Aproveitamos esta ocasión para detallar as últimas novidades da nosa nadadora máis internacional…

Paula formará parte esta tempada, gracias ós resultados obtidos nas competicións máis importantes da tempada anterior, do Equipo ENA (Equipo Nacional Absoluto) de Natación. Espéralle unha etapa de cambios, xa que Paula abandona a categoría Junior e pasa a ser Absoluta Moza. Como integrante deste equipo, participará en outubro nunha concentración en Tenerife e a principios de novembro no Campionato de Europa en piscina de 25 metros, que terá lugar en Kazán, Rusia.

Ademáis, Paula forma parte do grupo de deportistas galardoados pola RFEN coas Medallas Extraordinarias ó Mérito Deportivo. Recibirá medalla polos Bronces obtidos nos Campionatos de Europa de Natación en Roma, e o de Augas Abertas en París. En Roma foi bronce na proba de 1500 libre e en París, bronce na remuda de 5K mixta. A ceremonia do acto de entrega de recompensas terá lugar en streaming, a través da web da RFEN, o venres 1 de outubro ás 18.00.

Vamos Paula!!

Galardóns RFENCopa LEN