Novas de Augas Abertas

Este sábado día 20 de setembro, Mateo García Castro participou na 4ª Etapa da Copa de Europa de Augas Abertas 2025, tivo lugar no Porto de Barcelona, Moll de Bosch i Alsina. Foi unha dura carreira, sobre todo as dúas primeiras voltas, na seguinte parte do percorrido Mateo foi mellorando a súa situación entre os grupos formados, facendo unha escapada final e logrando así un meritorio 12º posto absoluto e 1º clasificado español.

Noraboa Mateo!!

Resultados Mateo

Temos máis novas desta modalidade deportiva, xa que tivemos dúas nadadoras destacadas no Circuíto Galego de Augas Abertas, Paula e Carla Rodríguez, de categoría junior. O sábado día 20 celebrouse a Etapa Final en Castrelo de Miño, competición na que acadaron os seguintes postos, Paula foi 1ª absoluta e junior, Carla foi 7ª absoluta e 3ª junior. Na clasificación total do circuíto, ambas nadadoras con un total de 8 travesías nadadas, acabaron con un 2º posto para Paula e un 7º posto para Carla.

Noraboa Paula e Carla!!

Resultados Circuíto