Novas de Augas Abertas

Esta fin de semana celébrase en Melilla, na Praia da Hípica, a Etapa Final da Copa de España de Augas Abertas. Esta será a última actuación de Paula Otero Fernández representando ó Club Natación Arteixo, xa que. despois de sete anos de gran relación e compromiso co noso equipo, collerá un novo camiño formando parte dun equipo asturiano, no que esperamos atope tanto cariño e respeto como o que tivo en Arteixo. A competición celébrase o domingo día 27 e parece que as condicións metereolóxicas serán as ideales, nadará a proba de 5K e deixamos nesta nova enlace para seguir os resultados.

Por outra banda, Mateo García acaba de ser seleccionado co ENA para participar na Copa de Europa de AA que se celebrará a vindeira fin de semana en Barcelona, poñeremos info máis adiante.

Ánimo e Sorte Paula!!

Web do Campionato