Estamos nos derradeiros días de agosto e queda pouco para rematar o período de descanso do noso equipo. Empezamos a tempada 2023/2024, que esperemos veña cargada de novos éxitos para o Club Natación Sarval Arteixo.
Empezaremos con unha reunión presencial de nadadores/as e adestradoras para inaugurar a tempada, falar de horarios e obxectivos. Esta terá lugar o martes día 5 de setembro, en dúas convocatorias:
Ás 19:00 para os grupos de escola, benxamíns, alevíns e infantís dese grupo
Ás 20:00 para o grupo de maiores (como estaba a tempada pasada)
O lugar da reunión será no Ximnasio do CEIP de Arteixo
Disfrutade deste final de vacacións!!