Nova Directiva na Tempada 17/18

O pasado venres celebrouse unha Asamblea Extraordinaria na que os socios e socias do Club natación Arteixo votaron o cambio de Presidente para a vindeira tempada. A decisión foi que Virginia Martínez será a nova Presidenta do Club. Formará un equipo que compoñerá a Xunta Directiva, equipo do que Nacho Folgueira, actual presidente, formará parte. Virginia estreará o seu mandato co inicio da nova tempada.

Benvida Virginia!!

Dende esta web queremos agradecer estes catro anos de impecable labor e adicación aos e ás compoñentes da actual Directiva: María Muíño, Noelia López, Javier Becerra (Vocais) Maite Fernández (Tesoureira), Rosi Feal (Secretaria) e Nacho Folgueira (Presidente).

Os nadadores e nadadoras, as adestradoras e as familias que compoñen o Club Natación Arteixo vos din:

MOITAS GRAZAS!!