A nadadora Noelia Gómez foi seleccionada pola FEGAN para participar esta fin de semana no Campionato Open da Comunidade de Madrid. É unha selección de 6 nadadores/as galegos de categoría absoluta que participarán no campionato dende mañá venres ata o domingo na madrileña piscina de 50 metros M86.
Noelia participará nas probas de 200 braza, 100 braza e 200 estilos con eliminatorias e finais; e na proba de 50 braza, na que haberá eliminatorias, semifinais e finais. Boa ocasión para Noelia de competir neste tipo de eventos nos que se loita pola mañá para entrar en final, competindo pola tarde só os mellores de cada proba.
¡¡Noraboa e Sorte… a competir!!