Nerea no Campionato de España

Hoxe xoves pola tarde comeza o Campionato de España en piscina de 50 metros que se celebra na Piscina M86 de Madrid. Trátase do Campionato de España de categoría Alevín e o Club Natación Sarval Arteixo terá a súa representación coa nadadora Nerea Iglesias.

Esta nadadora, participará en dúas probas para as que acadou as mínimas durante esta tempada. Nadará 400 estilos o venres e 200 estilos o domingo. A competición constará de eliminatorias pola mañá e finais pola tarde.

Coma sempre poderemos estar ó día dos seus resultados na páxina da federación onde aparecen horarios, resultados e finais.

Web do Campionato

Ánimo Nerea!!