Nerea Iglesias na Selección Galega

A nadadora de categoría alevín do Club Natación Arteixo, Nerea Iglesias Muíño, participará esta fin de semana coa selección galega. Será no Campionato de España de idade escolar por Comunidades Autónomas. Este campionato celébrase en Cáceres os vindeiros 25 e 26 de abril.

Nerea foi seleccionada para nadar as probas de 100 e 200 braza, e forma parte dun grupo de 20 deportistas que defenderán a Galicia neste campionato, que puntúa por Comunidade Autónoma. Participan máis de 300 nadadores/as de 16 comunidades, de entre 11 e 14 anos. Neste evento combinarase a Natación e a Natación Adaptada.

Podemos estar ó día dos resultados no seguinte enlace:

Web Campionato

 ¡¡Todo o ánimo do CNA viaxa con Nerea a Extremadura!!