Nerea en Pontevedra

Rematou o Campionato de España Infantil que se celebrou en Pontevedra dende o domingo. A nadadora Nerea Iglesias Muíño participou na proba de 200 estilos. Acadou a mesma marca que no Campionato Galego de Cervo. Outra nova gran experiencia para esta nadadora que non para de darnos alegrías coas súas marcas e a súa ilusión.

Volve desta cita con moitas ganas de mellorar para que a tempada sexa aínda mellor que a de inverno.

Noraboa Nerea!!

Resultados