Durante a tarde do pasado sábado 21 de decembro, celebrouse na Piscina Municipal de Arteixo unha xornada de natación solidaria. Catro horas seguidas de nado en seis pistas da Piscina Municipal de Arteixo.
Os clubs de natación e salvamento de Arteixo organizaban xunto coa empresa concesionaria da piscina BeOne un evento onde o fin era doar alimentos e xoguetes nestas datas tan sinaladas. Varias docenas de kilos de alimentos irán parar ó Banco de alimentos Rías altas e tódolos xoguetes conseguidos serán doados na Gala Solidaria organizada por Servicios Sociais do Concello de Arteixo, e que se celebrará o próximo 28 de decembro na praza do Balneario.
Neste evento participaron máis de 150 persoas, moitos deles deportistas de clubs locales e dos aledaños, ademais de usuarios da piscina que se acercaron a compartir metros todos xuntos en favos dos máis desfavorecidos, un total de 323.550 metros nadados, un éxito que esperamos volver repetir o ano que ven!