Nadal 2013

Club Natación Sarval Arteixo quere desexarlles un feliz nadal e un estupendo 2014 a todos os seus deportistas, ás súas familias e á todos os que día a día contribúen a que este club sexa cada vez máis grande.

Desexamos especialmente para os nosos nadadores e nadadoras de tódalas categorías, un 2014 cargado de ilusión, ganas de traballar en cada adestramento e competición, e que todo iso nos leve a un exitoso ano deportivo. En natación, un bo presente transfórmase nun marabilloso futuro.

Sorte especial para o equipo absoluto que compite durante este periodo vacacional, unha boa forma de rematar o 2013.

20131220_postal_nadal2

20131220_postal_nadal1