Nadadores/as convocados

Temos novas moi interesantes sobre tres dos nosos nadadores absolutos para empezar este ano 2023. Alba Gómez e Miguel Gómez foron convocados pola FEGAN para participar coa Selección Galega no Meeting Internacional Povoa de Varzim que se celebrará os vindeiros 4 e 5 de febreiro na cidade portuguesa que da nome ó Meeting.

Paula Otero está seleccionada co Equipo Nacional para participar no Euromeet de Luxemburgo do 27 ó 29 de xaneiro, no que nadará 400, 800 e 1500 libre.

O nome do noso Club brillará unha vez máis polo mundo no 2023.

Noraboa Alba, Miguel e Paula!!