Nada polos demáis

Este sábado celébrase na Piscina Municipal de Arteixo unha Xornada Solidaria en favor do Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña, e de Servicios Sociais do Concello de Arteixo. Este evento está organizado polo noso club, o Club Salvamento Arteixo e a empresa concesionaria da Piscina, BeOne, coa colaboración do Concello de Arteixo.

A Xornada consiste en aportar todos os largos/metros que se queira para conseguir entre tod@s catro horas de nado continuo nas 6 pistas da piscina. Será dende as 16:30 ás 20:30. Para participar só tes que achegarte pola piscina, coller o teu cartón de participante e facer uns largos, recibirás un agasallo e participarás nun sorteo de roupa deportiva. A túa aportación solidaria será o teu esforzo, un xoguete novo ou alimentos non perecederos.

Espéramoste na Piscina Municipal de Arteixo a partir das 16:15, anímate para que o Deporte Arteixán brille pola súa Solidariedade.