Memorial Juan Varela

Este sábado celebrouse en Ferrol o Trofeo Internacional Memorial Juan Varela, o Club Natación Arteixo participou con 10 nadadores e nadadoras que voltan con  un 6º posto por equipos e varios premios individuais.

Foi unha competición de dúas sesións, de mañán e tarde, na que se nadaba case todo o calendario de probas. Participamos na remuda de 4×100 estilos mixta, na que acadamos o 7º posto. Tivemos catro medallistas, Alba Gómez (1 ouro e 2 pratas), Mateo García (1 ouro e 1 prata), Miguel Gómez (1 prata) e Ana Veiga (1 bronce). Entregáronse tamén premios en metálico ós 5 primeiros clasificados en categoría feminina e masculina da suma das tres probas por táboa FINA. Foron galardoados, Alba, co 2º posto empatada con Antía García do CN Galaico, e Mateo, que acadou o 5º lugar, este nadador, obtivo mínima na proba de 100 libre para o Campionato de España de categoría junior. Na clasificación conxunta rematamos no 6º posto (9º feminino e 7º Masculino).

Noraboa polos resultados!!

MedalleiroResultados