Onte xoves día 23 de novembro, foi unha velada importante para o Club Natación Arteixo, xa que veu recoñecida a súa labor no deporte, a dedicación e o esforzo, nesta ocasión, das súas deportistas. O equipo feminino foi galardoado como Mellor Equipo feminino de Base da provincia na V Gala do Deporte de Base celebrada no Centro Cívico de Arteixo. Esta gala está organizada polo Concello de Arteixo e a empresa Aurea 5, e nace como homenaxe a tódalas persoas que traballan por e para o deporte da provincia.
Ó acto asistiron familiares, membros da Directiva e unha representación do equipo masculino para apoiar e aplaudir ás súas compañeiras.
O premio recolleuno, en representación do CNA, a súa Presidenta Virginia Martínez acompañada por unha gran parte das nenas que forman este equipo.
O acto foi clausurado polo Sr. Alcalde do Concello de Arteixo, Carlos Calvelo con palabras de agradecemento e felicitación a tódolos premiados/as.