Mateo volta de Málaga

O noso nadador, Mateo García Castro, regresa hoxe do Centro de Alto Rendemento de Málaga, de participar nunha concentración dunha semana co grupo de adestramento de fondo dirixido por Xavi Casademont. Nesta concentración participou tamén a lucense Inés Mourenza. Mateo tivo ocasión de compartir adestramento cos mellores nadadores e nadadoras da súa especialidade, entre eles a súa compañeira de equipo, Paula Otero. Ambos están a preparar a vindeira cita importante, o Campionato de España de Longa Distancia en piscina, que se celebrará dentro de dúas semanas en Oviedo.