Mateo García rematou onte a súa tempada competitiva en piscina coa súa particiapción no Campionato de Asturias Open co grupo do CGTD. Foi unha gran competición na que Mateo acadou MMP en tódalas probas nas que participou, 200, 400, 800 e 1500 libre. Mateo ademáis formou parte do equipo de remudas que fixo Récord Galego de 4×100 estilos mixta, na que nadou a posta de bolboreta.
Mateo descansará agora uns días, antes de encarar un ciclo de adestramento dirixido á súa participación na proba de 10K no Campionato do Mundo de Augas Abertas a principios de setembro.