Mateo prata en Cartagena

Mateo García Castro viaxou esta fin de semana ata Cartagena para participar coa Selección Galega na Fase Final da Copa de España de Augas Abertas. A expedición da que Mateo formou parte estaba composta por nove deportistas de varias categorías. Mateo voltou cunha medalla e outra nova experiencia ás súas costas.

Estaba prevista que a distancia a nadar fora de 5000 metros, pero reduciuse a 2500 metros pola amenaza de tormenta eléctrica.

Mateo tivo unha moi boa carreira, coa auga a unha temperatura de 26,5º e un ritmo moi regular nadou nun grupo, onde estivo xogándose o posto da súa categoría durante toda a proba. Rematou no 2º posto e medalla de prata de categoría Junior-1.

Noraboa Mateo!!

Resultados