Mateo Ouro en Barcelona

O nadador de 18 anos, Mateo García Castro proclamouse Campión de España de categoría Junior-2  na proba de 5000 metros este sábado en Barcelona, en piscina de 50 metros. No evento estaban presentes a maioría dos nadadores especialistas en probas de fondo e Mateo destacou tamén a nivel absoluto, acadando o 4º posto na clasificación total.

O máis importante para Mateo nesta competición é, que con un tempo de 54.34.49, acadou a marca  de pre-clasificación para os Campionatos europeo e mundial de Augas Abertas, cumprindo así un dos tres criterios esixidos para formar parte da Selección Española en ditos campeonatos. O seu nivel de concentración é competitivo foi moi bo. Este bo resultado seguro que será unha boa plataforma de saida para o resto dos eventos importantes que lle esperan esta tempada.

Noraboa Mateo!!

Resultados