Mateo no Campionato do Mundo de AA

O nadador Mateo García Castro terá de novo a oportunidade de participar nunha importante cita internacional. Formará parte da Selección Española Junior que se trasladou onte ata a Illa de Cerdeña, en Italia para participar no Campionato do Mundo Junior de Augas Abertas. Mateo estivo a participar, xunto cos seus catro compañeir@s de selección, nunha concentración de adestramento en Sierra Nevada dende o 16 de agosto ata o momento da súa viaxe.

Mateo participará na proba de 10K o xoves día 5 e na remuda mixta de 4×1500 o domingo día 8. Tamén hai a posibilidade de que sexa inscrito nunha proba extra que a FINA quere estrear neste campionato. A competición terá lugar en Mugoni Beach in Baia di Conti, na cidade de Alghero. Podemos ver toda a info deste evento nos enlaces que deixamos a continuación.

Ánimo Mateo!!

ConvocatoriasWeb do Campionato