Mateo García, nadador do Club Natación Arteixo e becado no CGTD de Pontevedra, formará parte da Selección Española Junior esta fin de semana no Campionato de Europa de Augas Abertas. Este equipo estará formado por 5 nadadores e 6 nadadoras que participarán en diversas distancias. Mateo nadará a proba de 10K o sábado día 13 de xullo ás 15:00.
A competición terá lugar en Viena (Austria), no Centro de Remos Novo Danubio, e toda a comitiva xa se atopa no lugar do evento para facer algún adestramento previo. Están convocadas tamén a lucense Inés Mourenza e Luisa Domínguez, adestradora do CGTD. Mateo foi seleccionado para este importante campionato polas súas marcas en Piscina e polo seu posto de Campión de España de AA en Sevilla.
Poderemos seguir os resultados en directo e ver a carreira en streaming premendo no seguinte enlace.
Ánimo e Sorte Mateo!!