Mateo na Copa de Europa de AA

Mateo García xa está de volta de París, onde viaxou para participar na 3ª etapa da Copa de Europa de Augas Abertas formando parte dunha selección española.

A carreira estaba prevista para realizarse no Sena, pero tivo que ser trasladada a Bassin de la Villette, co mesmo percorrido planificado, 8 voltas de 1250 metros. Mateo acadou o 14º posto con un tempo de 1h:47.35.79, dunha proba moi esixente e con gran nivel competitivo con grandes nomes entre os primeiros clasificados.

Esta era a última cita competitiva de Mateo desta tempada, merecidas vacacións despois de varios anos con competicións que o facían estar a tope durante o mes de agosto.

Noraboa Mateo!!

Resultados