Mateo en Asturias

O nadador do Club Natación Arteixo e becado no CGTD Mateo García Castro, participará esta fin de semana no Campionato de Asturias Open formando parte dunha selección cos seus compañeiros e compañeiras de adestramento en Pontevedra.

Nadará as probas de 200, 400, 800 e 1500 libre, e o evento terá lugar dende este venres en sesión de tarde ata o domingo en sesión de tarde. Será a súa última cita de competición en piscina antes de centrarse por completo na súa cita de Augas Abertas de setembro.

Ánimo e Sorte Mateo!!

Web do Campionato