Mateo García e Paula Otero, nadadores do Club Natación Arteixo que forman parte do Equipo Nacional e que adestran no CAR de Málaga veñen de participar nunha concentración en Lanzarote que durou dende o día 4 ata o día 15 de xaneiro deste recén estreado 2026 (foto de portada).
Agora están de novo no seu centro habitual de adestramento e preparándose para asistir ó Meeting de Ginebra que se celebra esta vindeira fin de semana e do que daremos máis información máis adiante. Formarán parte dunha selección de 20 deportistas do Equipo Nacional Absoluto e viaxarán o día 22.
Ánimo para esta semana preparatoria!!


