Mateo García Castro, nadador de 19 anos do Club Natación Arteixo está convocado coa selección española para participar no Campionato do Mundo Junior de Augas Abertas que terá lugar en Alguer, Italia, na Praia de Mugoni na Bala di Conti. Dito campionato será do 5 ó 8 de setembro de 2024. Mateo acadou esta clasificación polas súas marcas en pisina e polos seus postos destacados nas competicións de referencia de Longa Distancia e Augas Abertas.
Mateo asistirá con esta selección a unha concentración en Sierra Nevada previa á súa viaxe a Italia, dita cita será do 15 de agosto ata o 1 de setembro.
Noraboa Mateo!!