Esta fin de semana marcouse outro gran momento para Mateo García Castro e para o Club Natación Arteixo. A súa presencia no Campionato do Mundo Junior de Augas Abertas chegaba ó seu fin nada máis e nada menos que con unha medalla de bronce na remuda mixta de 4×1500. Esto, xunto con un meritorio 12º posto na proba de 10K fan que Mateo regrese con grandes resultados de Cerdeña.
O Campionato celebrouse na Illa de Cerdeña, na Praia de Alghero e a Selección española estaba formada por cinco deportistas. Mateo nadou o xoves a proba de 10K, foi unha carreira moi dura e difícil, na que o francés gañador marcou un ritmo moi rápido dende o inicio. Con un mar bastante picado, Mateo logrou engancharse ó segundo grupo da proba e fixo unha carreira en progresión, esto permiteu que finalmente acadara o 12º posto nesta importante cita internacional.
O domingo pola mañán celebrouse a remuda de 4×1500 mixta, lanzouse á auga en 3º posto co encargo de adiantar postos, xa que así o pedía a estratexia do equipo, e fíxoo sobradamente, recibía a carreira en 10º lugar e deixouna para o seu compañeiro en 1º posto, que nun vertixinoso final competindo cos mellores, acadou o 3º posto. Así o equipo junior español, con Mateo como integrante acadou a medalla de bronce na Praia de Alghero.
Noraboa Mateo!!