Liga promesas. Resultados

Boa experiencia de regreso ás piscinas a do Equipo de Promesas do Club Natación Arteixo este sábado en Carballo. Nadaron con moita ilusión e espíritu de equipo, motivados pola oportunidade de medirse nunha nova exhibición. Esta competición está pensada expresamente para estas edades, con probas cortas e de traballo específico de patada. Traballo de base para un futuro con probas cada vez máis complicadas e variadas.

A tarde do sábado foi moi productiva para estes deportistas e a súa adestradora, que sairon moi satisfeitos pese ó parón ó que nos vimos sometidos durante o mes de febreiro. Xa están publicados os resultados, pero como xa sabemos, as marcas nestas edades é o menos importante.

Noraboa Equipo!!

Resultados