Mañán sábado día 22 de marzo celébrase en Lugo, na Piscina de Frigsa, a 3ª xornada de Liga de Clubs. Esta será a última da fase preliminar, e polo tanto ó rematar coñeceranse os grupos que asistirán á Fase Final a xogarse o Título ou a permanencia.
As probas que se nadarán son: 100 estilos, 1500 libre masulino, 200 libre feminino, 50 braza, 200 bolboreta, 100 libre masculino, 50 libre feminino, 100 costas e remudas de 4×200 libre masculino e 4×100 libre feminino.
Animamos ós nosos representantes a competir a tope e co ánimo que require este evento que tanto nos gusta.
Vamos Equipo!!