Liga de Clubs Resultados

O sábado pasado o Club Natación Arteixo participou na 2ª xornada da Liga Galega de Clubs en Narón. Acadamos o 1º posto desta xornada, polo que agora estamos empatados en puntos co AD. Fogar nos primeiros lugares da clasificación. Acadamos moitas MMP e competimos con un alto nivel de motivación. Temos que seguir traballando para seguir superando o nivel no adestramento e así o nivel competitivo de cara a derradeira xornada da fase preliminar, e se todo segue así á fase de ascenso, que parece que vai ser moi emocionante.

A puntuación foi a seguinte: CN Arteixo 313, AD Fogar 298, , CN Rías Baixas 288, CN Mos 175, AD Náutico de Narón 138,5, C. USC 62,5. Nas remudas acadamos o 1º e 5º postos en 4×200 libre masculino, 3º e 4º postos en 4×100 libre feminino.

O nadador de categoría junior, Mateo García Castro acadou a mínima na proba de 800 libre para participar no Campionato de España da súa categoría.

Noraboa e a seguir así ou mellor!!

Resultados